CRTVG

Buscar

Ofrecen 1.000 euros para dar coa persoa que aforcou un gato en Baiona

Publicado o 06/05/2020 14:10

Unha fundación ecoloxista busca o responsable deste salvaxe acto. Ofrecen 1.000 euros a quen poida proporcionar información sobre o desalmado que aforcou un gato en Baiona, no barrio das Fontes. Foron os operarios do servizo de limpeza os que atoparon o animal, ao carón dun grupo de colectores.

Este acto de extrema crueldade pode supoñerlle ao responsable 18 meses de prisión e unha multa de ata 30.000 euros. A Garda Civil investiga o suceso.

 

Noticias web

06/05/2020