CRTVG

Buscar

Ofrecen 1.000 euros a quen dea pistas sobre o autor dos disparos a un can

Publicado o 04/02/2019 14:20

Este é Whisky despois de pasar polo quirófano. Cando o atoparon estaba asustado, cheo de fame e malferido.

Bebes Gascón, protectora: "O ollo desfeito, moi delgado e con moito medo. Encollíase cando o tocabas, pero despois xa se foi relaxando".

A asociación Pro Animales de Verín fíxose cargo del. Operárono nesta clínica veterinaria. Tiveron que extraerlle o globo ocular e só puideron sacar unha das balas.

Julia de la Fuente Borrajo, veterinaria: "En canto o vin, pensei que foran lesións provocadas por outro can, pero ao facerlle a radiografía vin as balas aloxadas no cranio. Unha tivermos que deixala porque era máis arriscado sacala".

A bala que lle sacaron está agora en mans da Garda Civil, que busca o autor dos disparos. A asociación animalista Libera! e a Fundación Franz Weber ofrecen mil euros de recompensa a quen axude a localizalo.

Bebes Gascón, protectora"O máis difícil é atopar a quen o fixo. A xente non quere complicacións cos veciños. Pero hai unha bala aí, pola que poden indagar".

Whisky recupérase agora nunha casa de acollida, pero buscan persoas interesadas en adoptalo e darlle unha familia definitiva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2019