CRTVG

Buscar

Oficinas da Seguridade Social están desbordadas en cidades como Madrid

Publicado o 17/09/2020 14:49

Comprobámolo nesta oficina da Seguridade Social de Madrid. Só atenden con cita previa e moitas veces é imposible conseguila.
O trámite é o mesmo para xestionar unha xubilación, unha maternidade ou o ingreso mínimo.
Os que por fin conseguiron a cita din o truco: entrar na web de madrugada. E hai trámites para os que nin sequera dan cita previa como algunha consulta.
Os sindicatos levan meses advertindo do colapso polo aumento das solicitudes de prestacións e da falta de persoal arrastrada dende hai anos.
 

Noticias web

17/09/2020