CRTVG

Buscar

Ocupan ilegalmente un vivenda en Salcedo, preto de Pontevedra

Publicado o 10/08/2020 14:49

Nunha de Salcedo, moi preto da capital do Lérez, viven uns ocupantes ilegais dende hai case dous meses. O propietario marchou por cuestións persoais e agora non pode volver á súa casa.

Ao non denunciar nas primeiras 48 horas, a policía xa non pode actuar e agora tiveron que xudicializar o caso, co tempo que iso supón. Sospeitan, ademais, que están realugando cuartos.

Os ocupantes ilegais serían vellos coñecidos da policía de Pontevedra, que tivo que botalos doutras casas polo menos noutras dúas ocasións.

Noticias web

10/08/2020