CRTVG

Buscar

Ocupacións do 90% nos novos voos A Coruña-Bilbao de Volotea

Publicado o 09/04/2019 17:30

A compañía de baixo custo Volotea celebra a alta ocupación dos primeiros voos da súa ruta A Coruña - Bilbao.

Volotea fai balance positivo destes primeiros días da ruta entre A Coruña e Bilbao e salienta un dato: o 90% de ocupación. Contan con que estes bos resultados se manteñan nos meses vindeiros. Durante este mes xa hai unha ocupación nesta ruta do 80%.
Os voos operan durante todo o ano dúas veces por semana con 20.000 asentos dispoñibles.

A compañía Volotea entra no aeroporto de Alvedro coa oferta de voos directos a Bilbao todos os xoves e domingos do ano. A tarifa media é de 60 euros, pero hai promocións que permiten viaxar a partir dun prezo de 15 ou 20 euros.

Os responsables da aeroliña están satisfeitos cos resultados de ocupación dos primeiros días.
A compañía di que a oferta tivo boa acollida aquí e tamén en Bilbao. Asegura que alí A Coruña é un destino que esperta moito interese.

Volotea é unha compañía de baixo custo que opera en cidades medianas e pequenas. Conta co recoñecemento de ser a máis puntual de Europa no primeiro trimestre deste ano.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2019