CRTVG

Buscar

Obrigan unha xogadora galega de fútbol sala a quitar un audiófono para xogar un partido

Publicado o 10/10/2019 21:07

Ten 21 anos e leva xogando ao fútbol dende os 7 anos. Case o mesmo tempo que leva usando estes audiófonos. Padece unha perda auditiva do 50 por cento nos dous oídos e lévaos sempre postos, a non ser cando fai deporte, que usa só un.

A pasada fin de semana, por primeira vez na súa carreira deportiva, un árbrito prohibiulle usar o audiófono durante un partido.

A pesar de todo os atrancos, Candela non só xogou o partido, senón que mesmo chegou a marcar un gol. Todo un exemplo de superación fronte á adversidade. Agora a súa loita céntrase en que non lle volva acontecer a ninguén.


 

Noticias web

10/10/2019