CRTVG

Buscar

Obradoiro para pais sobre o uso das TIC para previr malos usos entre os mozos

Publicado o 24/02/2018 14:54

 

Un estudo realizado en Pontevedra, no que participaron preto de 3.000 alumnos dos IES da cidade, desvela que o 85% dos mozos teñen móbil con conexión a Internet e que máis do 75% obtiveron o seu primeiro teléfono entre os 10 e os 13 anos.Uns datos que tamén desvelan o mal uso que os menores fan das novas tecnoloxías e da dependencia que teñen delas. Por iso dende hoxe e ata o mes de maio o Concello en colaboracións coa Consellería de Sanidade poñen en marcha distintos obradorios de prevención aos que se acollerán máis de 3.000 alumnos. Hoxe foi a quenda dos pais.

Escoitan con atención a recomendación dos expertos e como pais de nenos con idades comprendidas entre os 11 e os 17 anos, tamén expoñen os temores que lles provocan as novas tecnoloxías.

Neste obradoiro de pais, amais de expoñeren as súas dúbidas, aprenden a previr condutas que poidan levar ao mal uso da tecnoloxía.

Estes obradoiros, que se prolongarán ata o mes de maio, comezaron neste instituto IES Frei Martín Sarmiento. Aquí estudan a diario 1.200 alumnos entre os 11 e os vinte anos.

Todos coinciden en que os móbiles e a tecnoloxía ben empregada é unha ferramento moi útil. De aí o seu compromiso para educar e non prohibir no referente ás novas tecnoloxías.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2018