CRTVG

Buscar

Obradoiro e Manresa enfróntanse no Sar empatados con oito vitorias

Publicado o 01/02/2020 13:27

Despois da vitoria ante Valencia e do baileciño final... Obradoiro regresa ao Sar pra medirse a Manresa. E faino coa vista posta en Daun, crucial antes os ches e a voltas agora coa gripe.

O papel de Daun cobra máis importacia habida conta das baixas de Muñoz e Calloway e de que a nove fichaxe, Beliauskas, chegará hoxe a Santiogo pero pra ver na bancada a segunda parte. Manresa vén de perder en Europa e de competirlle ao Madrid e vén tamén coa dúbida do estado da súa estrela, Toolson.

O encontro arrnca ás seis. Xornada pra medrar pro Obra e crucial pra Petra, a mascota, de cara a seguir sumando votos pra ser a que mellor baila na Liga. Así de nerviosa andaba esta mañá polo SAR.
 

Noticias web

01/02/2020