Obradoiro de máscaras surrealistas para os cativos en Compostela
Publicado o 05/03/2019 09:56
O pazo de Bendaña, en Santiago, enchíase de pequenos artistas para elaborar máscaras de Entroido surrealistas. Máis de 30 nenas e nenos de entre 5 e 12 anos, que durante dúas horas deixaron voar a súa imaxinación con total liberdade.
Multitude de formas, tecidos e cores. Todo é válido para elaborar as mellores creacións, que logo levarán de recordo.
O obradoiro recibe o aprobado dos nenos, pero tamén dos seus pais, que agradecen esta iniciativa.
Esta é unha das actividades que se enmarcan dentro da celebración do Entroido compostelán, que rematará mañá coa queima do Meco.
Máis sobre actualidade
23/01/2021 15:38
23/01/2021 15:37
23/01/2021 15:20
23/01/2021 15:09