CRTVG

Buscar

O xurado popular inicia a deliberación do crime de Boiro

Publicado o 12/12/2019 12:53
O xurado popular inicia a deliberación do crime de Boiro

No caso do crime de Triñáns, en Boiro, está previsto que a estas horas estean a deliberar os membros do xurado que teñen que emitir o veredicto. Estaban convocados ás dez e cuarto desta mañá para que o maxistrado que preside o tribunal lles entregue o escrito co obxecto do veredicto e os instrúa sobre a deliberación.

O acusado de matar a coiteladas unha amiga, coa que vivía, recoñeceu os feitos e pediulle perdón á familia da vítima. A fiscala pediu que o condenen a nove anos de cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019