CRTVG

Buscar

O xulgado de Vilalba retíralle a custodia dos fillos e dun neto a unha familia de Cospeito

Publicado o 06/12/2019 16:36

O xulgado de Vilalba retiroulle a unha familia de Cospeito a custodia dos dous fillos, de dezasete e once anos, e tamén do seu neto, un bebé de pouco máis dun mes, fillo desta rapaza de dezasete anos. Tras analizar a fondo a situación dos menores, o xuíz considerou preciso abrir un proceso de tutela urxente. Unha tutela que, por orde xudicial, tivo que asumir a Consellería de Política Social. Os menores de idade xa están en dous centros de acollida da provincia de Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019