CRTVG

Buscar

O xulgado de Ribadavia investiga por abusos sexuais un cura de Avión

Publicado o 07/12/2019 21:58

O xulgado de Ribadavia está a investigar un cura que exercía en varias parroquias do concello ourensán de Avión como o presunto autor dun delito de abusos sexuais a un menor.

O bispado de Ourense xa comunicou que o apartara por segunda vez dos seus labores pastorais, desde que se iniciou o procedemento en 2017.

Segundo o xulgado, os abusos ocorreron en 2006 cando o cura, de 47 anos, estaba formando na súa casa particular un neno de 10 anos. O xulgado pídelle á Fiscalía que se sigan as dixilencias e que presente escrito de acusación contral el. Antes, a Audiencia deberá contestar ao recurso que presentou a defensa do sacerdote.

Este é o terceiro caso de delitos sexuais contra menores que se destapa este ano na diocese de Ourense.

Noticias web

07/12/2019

Máis sobre Ribadavia