CRTVG

Buscar

O xuízo polo atentados xihadistas de Cataluña amosa como os terroristas preparaban os explosivos

Publicado o 10/11/2020 15:43

A Físcalía non considera os tres acusados autores materiais das mortes, pero si os acusa de integración en organización terrorista e fabricación de explosivos. Precisamente un dos vídeos inéditos presentados nesta primeira xornada de xuízo amosa cómos os terroristas os fabricaban na casa de Alcanar.

"Isto vai dirixido aos enemigos de Deus, aquí vos esperaremos", di un dos terroristas abatidos tras os atentados. Está gravado por Mohamed Houli Chemlal, un dos acusados, e único supervivente da explosión da vivenda.

Os outros dous negan os feitos. Son Said Ben Iazza, presunto colaborador, e Driss Oukabir, que supostamente alugou a furgoneta das Ramblas.

O 17 de agosto de 2017 Cataluña vivía unha xornada de horror. Ás cinco da tarde unha furgoneta irrompía nas Ramblas de Barcelona, ateigadas de xente, e deixaba un regueiro de vítimas. Horas despois cinco terroristas intentaron repetir o masacre no paseo marítimo de Cambrils. Foron abatidos polos Mossos tras saltar un control. O ISIS reclamou a autoría dos ataques, que deixaron 16 mortos e 140 feridos.

Noticias web

10/11/2020