CRTVG

Buscar

O xuízo contra o millonario portugués acusado de intentar matar a muller repetirase en xaneiro

Publicado o 11/12/2019 13:18

O millonario portugués acusado de intentar matar a súa muller en Vigo volverá a xuízo en xaneiro. Carlos Inácio Pinto fora condenado a 11 anos de prisión por un delito de asasinato en grao de tentativa. Supostamente, golpeou a súa parella cun mazo de canteiro nun hotel de Vigo, o 2 de maio de 2016.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a sentenza tras darlle a razón ao avogado da defensa, que cuestionou a imparcialidade das maxistradas que o xulgaron. Por ese motivo, ordenouse a devolución das actuacións á sección cuarta da Audiencia de Pontevedra, para un novo xuízo. A vista celebrarase o 28 de xaneiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/12/2019