CRTVG

Buscar

O xuíz do Comité de Competición pide sancionar o Fuenlabrada co descenso de categoría

Publicado o 15/08/2020 16:51

O xuíz instrutor do Comité de Competición da Federación Española de Fútbol acaba de propoñer por "conduta contraria á boa orde deportiva con carácter moi grave" a multa de 15.001 euros e o descenso de categoría para o Club de Fútbol Fuenlabrada, logo do acontecido na última xornada de liga na Segunda División. 

Esta é unha proposta de sanción que deberá ser ratificada polo Comité de Competición e diante da que o Fuenlabrada ten 10 días hábiles para formular alegacións.