O xoves comezarán en Galicia os exames teóricos para obter o carné de conducir
Vanesa Fernández é a delegada galega da asociación autonómica de examinadores de tráfico. É, ademais, examinadora. Cóntanos que o luns as autoescolas de toda Galicia comezan os trámites administrativos para que os exames teóricos poidan empezar o xoves e xa a semana seguinte os prácticos. Haberá máis convocatorias porque en cada aula permitiranse menos aspirantes.
Os alumnos deber levar luvas e máscaras propias e bolígrafo en caso de que o exame sexa en papel. No caso da proba de circulación, o exame práctico, o alumno irá só co seu monitor e co examinador, pero non con outros compañeiros a exame no mesmo vehículo.
Agora, en cada xornada haberá dez probas teóricas, fronte ás doce que había antes do coronavirus, dous alumnos menos ao día por examinador.