CRTVG

Buscar

O Xirona estréase na Segunda, gañan o Zaragoza e o Cartaxena

Publicado o 11/10/2020 21:59


RES C. D. Leganés 0 Xirona F. C. 1
RES Málaga C. F. 0 U. D. As Palmas 0
RES Real Zaragoza 1 Albacete 0
RES S. D. Ponferradina 0 F. C. Cartaxena 2

Á terceira foi a vencida para o Xirona. Tras dúas derrotas nos dous encontros anteriores, o equipo catalán logrou o triuunfo ante un dos candidatos ao ascenso. O Leganés perdeu por terceira vez en cinco xornadas, e Martí queda tocado. O único gol do encontro marcouno Mamadou Sylla no minuo 37 do primeiro tempo. Na recta final do choque os madrileños gozaron dalgunha boa oportunidade, pero non estieron acertados no remate e quedaron sen puntuar. Tampouco estiveron acertados á hora de aproveitar as ocasións os futbolistas da Unión Deportiva As Palmas. Malia xogar cun home menos todo o segundo tempo pola expulsión de Álex Suárez, o equipo canario foi superior ao Málaga e mereceu o triunfo. Pero o balón non entrou e o partido terminou co empate a cero inicial. O mesmo resultado estivo a piques de producirse na Romareda, pero o Zaragoza acabou logrando o triunfo grazas a un gol de Juanjo Narváez no minuto 87. O tanto dalle a primeira vitoria ao equipo maño e deixa ao Albacete na penúltima praza cun só punto en cinco partidos. Mentres, no Toralín, triunfo do Cartaxena ante a Ponferradina por cero a dous. Uns minutos de inspiración, con dous bonitos goles, dos visitantes déronlles os tres puntos. No 57 marcou José Ángel e no 60 Elady. O Cartaxena suma sete puntos. A Ponferraina, malia a derrota, ten nove se segue entre os seis primeiros da clasificación.

Noticias web

11/10/2020