CRTVG

Buscar

Miguel Abad, o xerente do hospital de Verín, renuncia "por motivos persoais"

Publicado o 28/12/2019 15:33

O xerente do hospital de Verín, Miguel Abad, presentou este venres a súa renuncia.  Segundo sinalaron fontes do Sergas, a decisión acordárona por motivos "estritamente persoais" e Abad "agradece otraballo realizado durante estes anos". Este venres o Diario Oficial de Galicia publicou o concurso promovido pola Consellería de Sanidade para ocupar a praza de director do distrito sanitario de Verín para substituír a Abad.

A renuncia chega en plena polémica polo peche da sala de partos en Verín e a falta de servizo de pediatría de urxencias, que derivou non peche dos traballadores e integrantes da plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca non centro. A decisión do peche do paritorio obriga ás mulleres da área a desprazarse como mínimo 70 quilómetros, ata Ourense, onde xa viñan realizando nos últimos tempos os partos programados.

O presidente galego asegurou nos últimos días que se finalmente son cubertas as prazas vacantes de pediatría no hospital o paritorio podería reabrir en 24 horas. Os traballadores manteñen as súas protestas e mañá ao mediodía teñen previsto celebrar as doce badaladas de fin de ano de modo simbólico diante do campo de fútbol, nas proximidades do hospital. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí