CRTVG

Buscar

O xeneral da Garda Civil relata emocionado o nacemento de Lara no concello de Xermade

Publicado o 04/04/2020 18:53

A historia de Lara foi unha desas pequenas historias que nos deixa o confinamento e que quixo contar o xeneral da Garda Civil José Manuel Santiago na súa comparecencia diaria diante dos medios de comunicación. Santiago relatou que unha parella da Garda Civil de tráfico se atopou cun coche parado na beira da autovía que une Vilalba con Ferrol. Un señor estaba moi alterado e, no interior do coche, atopábase unha muller dando a luz unha pequena.

A Garda Civil chamou a unha ambulancia e logo acompañounos ata o hospital de Ferrol. A nena chámase Lara e atópase en perfecto estado de saúde. Desas historias para lembrar. 

Noticias web

04/04/2020