CRTVG

Buscar

O xardín do Teatro, o novo espazo verde no corazón da Cidade da Cultura

Publicado o 19/04/2019 16:31

O xardín do Teatro pódese visitar desde onte aquí, na Cidade da Cultura. É unha zona verde de máis de once mil metros cadrados que ocupa o oco do Teatro da Música, un edificio que, como saben, non se chegou a finalizar no complexo do Gaiás. No seu lugar atopamos un xardín con especies botánicas de todos os continentes, árbores e tamén plantas aromáticas e enredadeiras. O novo espazo conta tamén con tres estanques, un auditorio ao aire libre con capacidade para 400 persoas e unha zona para o descanso e a práctica de deportes como a escalada ou a monopatinaxe.




 

 

Noticias web

19/04/2019