O Xapón xa ten novo emperador

A entronización tivo lugar no salón dos Piñeiros do palacio imperial de Toquio. Alí estaban todos os membros da familia real nipoa. Naruhito ocupa o trono imperial, unha mole de seis metros e medio e oito toneladas que simboliza a montaña pola que baixou á terra o neto da deusa do sol.
Ao seu lado, o trono da emperatriz, máis pequeno. Durante un breve discurso Naruhito proclamou a súa entronización e prometeu traballar para garantir a felicidade dos xaponeses e a paz mundial.
Entre os 2000 convidados, reis e mandatarios de 174 países. Todos segurion a cerimonia dende outro salón separado por un patio central. A cerimonia rematou coa felicitación ao emperador. Una salva de 21 canóns saudou entón o novo mandatario.
Despois do banquete oficial, a festa continúa este mércores con outro banquete e cunha cerimonia do té.