Pablo Arangüena di que o BNG "está facendo o ridículo" ao non apoiar os orzamentos do Estado
• O Bloque insiste en que os presupostos non recollen os investimentos que precisa Galicia
Os socialistas galegos, insisten nas súas críticas ao BNG por non pregarse a apoiar os Orzamentos Xerais do Estado.
O vicesecretario do PSdeG, Pablo Arangüena, di que "está facendo o ridículo e ademais estalle facendo o caldo gordo a Feijóo, a Ayuso, a Abascal e a toda a dereita española, e sitúandose á marxe do grande bloque progresista que vai aprobar estes orzamentos".
Pola súa parte, Manuel Lourenzo, deputado do BNG no Parlamento Galego, volveu insitir na postura da súa formación: "Nós, dende logo, o único que queremos trasladar é que o BNG está disposto a sentarse a falar de orzamentos, pero queremos que se poñan o investimentos que previsa este país enriba da mesa".