CRTVG

Buscar

O Venres Negro, unha oportunidade para comprar agasallos de Nadal e Reis

Publicado o 28/11/2019 14:46

O Black Friday entrou como un furacán e non só no comercio, mesmo no local, que se ve obrigado a poder competir nesta semana de grandes vendas.

O furor por estas vendas chega desde as ópticas ata os bancos, aos concesionarios coma este de coches de gama alta, onde se fan descontos de ata 20.000 euros a vindeira semana, e as axencias de viaxes, que recomendan contratar todas as viaxes que teñamos previstas este ano nestas datas porque hai substanciosos descontos.

Os libros tamén están de rebaixas estes días, un cinco por cento que é o que poden rebaixar por lei.

Cada ano máis sectores únense a este Venres Negro que para moitos é xa a gran festa do consumismo antes das festas do Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2019