CRTVG

Buscar

O único sospeitoso do crime de Ponte de Lima foi visto na zona varias veces

Publicado o 21/08/2020 16:19

Novos datos do asasinato da localidade portuguesa de Ponte de Lima en que un vigués, o único sospeitoso dos feitos, matou presuntamente o noivo da súa ex-muller antes de se tirar da ponte de Rande.

Trátase dun coñecido empresario da cidade, fillo dun ex-comandante da Mariña. O home, de 50 anos, sabía da nova relación que tiña a súa ex-parella, que conseguiu escapar tras presenciar o crime e recibiu nas últimas horas a alta médica nun hospital de Viana do Castelo.

Noticias web

21/08/2020