CRTVG

Buscar

O único sospeitoso do crime de Ponte de Lima é un coñecido empresario vigués

Publicado o 21/08/2020 21:19

Horas de angustia e cativerio precederon este horrible crime nunha casa rural de Ponte de Lima. A única supervivente foi obrigada a ver como mutilaban os xenitais do seu noivo antes de que morrera. O único sospeitoso dos feitos é a súa ex parella. Un vigués de 50 anos que posteriormente se quitou a vida na ponte de Rande.


Trátase dun coñecido empresario da cidade, e fillo dun ex-comandante da Mariña. O home sabía da nova relación que tiña a súa exparella, que conseguiu escapar tras presenciar o crime e que agora se recupera nun hospital de Viana do Castelo, en Portugal xa fóra de perigo. Segundo transcendeu, desde a separación da parella os capítulos de discusións e persecucións foron continuos, como sinala o seu círculoo máis próximo.

A traxedia tocou de cheo o concello de Entrimo, onde tiñan as raíces familiares tanto a vítima mortal como a súa parella, que tamén foi agredida polo seu exmarido durante o secuestro. Interrompeu na casa onde se aloxaba a parella e mallou neles ata atalos a unha cadeira con cables eléctricos. O suposto asasinos seica mutilou os xenitais da vítima cunha katana ou machete. A Policía do Porto ten aberta unha investigación en colaboración coas forzas de seguridade viguesas.

 

Noticias web

21/08/2020