CRTVG

Buscar

O turismo galego prevé perdas de máis de 2.500 millóns de euros

Publicado o 20/04/2020 14:51

Exceltur, a asociación das principais empresas turísticas de España, prevé que a súa actividade caia un 80% este ano, e calcula que perderán de ingresar 124.000 millóns de euros. Revisaron á baixa as súas previsións tras unhas declaracións da ministra de Traballo, en que daba a entender que o sector non abriría en todo este ano. Yolanda Díaz matizaba hoxe as súas palabras na Radio Galega.

As declaracións da ministra tamén recibiron críticas dende Galicia.

O Clúster calcula unhas perdas na comunidade de case 2.500 millóns de euros, tirando polo baixo.
No peor escenario perderían 2 de cada tres viaxeiros e destruíranse, polo menos, uns 30.000 postos de traballo.

O Clúster confía en que o turismo de proximidade lles axude a capear esta crise.

Noticias web

20/04/2020