CRTVG

Buscar

O turismo en Galicia caeu en xuño nove puntos menos ca no resto de España

Publicado o 30/07/2020 15:20

O concello de Nigrán ten arredor de 18.000 habitantes. Estas cifras duplícanse na época estival. O turismo é para este municipio unha actividade xeradora de emprego. E este ano o coronavirus non freou esas cifras.

Neste concello case o 80% das vivendas son segundas residencias que se enchen de familias durante o verán.

Os alugueiros tamén son un gran reclamo, sobre todo para a xente de fóra. Este ano a demanda centrouse en casas unifamiliares, con parcela e piscina. Os turistas, sobre todo nacionais, repiten ano tras ano.

Un turismo fiel que tamén notan os hostaleiros. As previsións non eran boas, pero o tempo está axudando.

Precisamente hoxe coñecemos os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística que revelan que a actividade turística de Galicia no mes de xuño baixou nove puntos menos que no resto de España, afectando especialmente o mercado internacional.

Noticias web

30/07/2020