CRTVG

Buscar

O tren rápido entre Vigo e O Porto non entrará en funcionamento este ano

Publicado o 03/01/2020 19:11

A instalación da electrificación nas vías que permitirá que circulen trens de última xeración entre Vigo e Oporto acumula retrasos importantes. As previsións apuntan a que haberá que esperar ata 2021 para que se xubilen as máquinas antigas e se acurten os tempos da viaxe na actualidade en duas horas vinte minutos. Esto xunto coas frecuencias, tan só duas diarias, e os prezos do billete son os motivos polos que a estrada é a opción escollida pola gran maioría para desplazarse entre as dúas cidades. 

Polo momento haberá que esperar a que o goberno luso e o español solucionen os problemas no trazado tanto entre Tui e Guillarei como entre Viana e ValenÇa. Cando finalice a obra os trens modernos percorrerán os 150 quilómetros entre as dúas cidades en 90 minutos.

Noticias web

03/01/2020