CRTVG

Buscar

O transporte público deberá prestar un servizo similar ao da fin de semana

Publicado o 31/03/2020 07:31
O transporte público deberá prestar un servizo similar ao da fin de semana

Os servizos de transporte público de viaxeiros por estrada e ferroviarios de ámbito urbano e  periurbano que estean sometidos a contrato público ou obrigacións de servizo público (OSP) ou sexan de titularidade pública "reducirán a súa oferta de servizos e frecuencias ata alcanzar niveis de prestación similares aos de fin de semana".

Así se establece na Orde adxunta ao Real Decreto 10/2020 de regulación do permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais que publicaba este luns o BOE.

A redución do transporte de viaxeiros está en consideración da necesidade de acceso ao posto de traballo do persoal ocupado nos servizos esenciais e o acceso dos cidadáns aos servizos básicos.

Os horarios e frecuencias dos servizos de transporte sinalados poderán axustarse, de conformidade co disposto na Orde Ministerial, "atendendo ás necesidades específicas de cada territorio" por parte da Administración competente ou dos operadores e tendo en conta "que deben adoptarse as medidas necesarias para procurar a máxima separación posible entre os viaxeiros".

A oferta dos servizos de transporte de viaxeiros de carácter non urbano poñerase en marcha o máis axiña posible. "Reduciranos" no posible os operadores ou as Administracións competentes.