CRTVG

Buscar

O temporal deixa chuvia, vento, frío e o mar en aviso vermello na costa coruñesa

Publicado o 04/12/2020 15:08

Hoxe na Coruña o mar está moi picado, con ondas que xa superan os oito metros de altura

O mar está enfurecido e carga con forza contra a costa. Os accesos aos areais urbanos están pechados, porén sempre hai imprudentes que se poñen en perigo só por facer unha boa fotografía.

Hai aviso vermello, hoxe e mañá, por mar combinado. Isto é: vento do noroeste e mar de fondo. O peor agárdase contra as seis e media da tarde coincidindo coa preamar.

En terra xornada tamén complicada, con chuvias intensas, importante baixada das temperaturas e tamén ventos fortes que obrigaron a pechar os parques e xardíns.

Unhas condicións que deixaron un regueiro de incidencias na cidade herculina desde primeira hora.

"Houbo dúas saídas de vía por mor das chuvias e tamén caeron uralitas polo vento", conta Carlos García Touriñán, director de Seguridade Cidadá da Coruña 

Con esta situación, o mellor, se poden, é quedar na casa.

Noticias web

04/12/2020