CRTVG

Buscar

O temporal de vento e mar deixa ondas de sete metros e refachos de 114 km/h

Publicado o 10/02/2020 21:33

A Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta ampliou este luns a alerta laranxa por temporal a toda a costa galega. Nun principio, as previsións apuntaban só ao noroeste e ao oeste da Coruña e Lugo, pero desde o mediodía ampliouse tamén ao resto da costa coruñesa e da provincia de Ponteveda. Nas primeiras horas rexistráronse ondas de cinco metros en Estaca de Bares, e o vento tamén soprou con forza na costa luguesa. O mal tempo paraliza os mariñeiros e mariscadores. Os afectados xa falan de desastre humanitario nun inverno en que se suceden as borrascas.

"Leva tres meses así, e non para, isto para os mariñeiros é un desastre humanitario". "O mar está malo, malo, hai vento, hai ondas, hai de todo, está malo, está facendo un inverno malísimo". "Aquí non hai axudas para ninguén, aquí as axudas todas son para os de terra".

O tempo non vai mellorar ata o mércores, aínda que nas últimas horas a forza do vento foi amainando e as ondas van gañando altura. Desde Protección Civil lembran que pode resultar perigoso achegarse a praias e paseos marítimos porque poden ser arrastrados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020