CRTVG

Buscar

O temporal Bárbara pasa por Galicia con refachos de 130 km/h

Publicado o 19/10/2020 21:30

Fortes refachos de vento e intensas chuvias. Son os efectos da borrasca que hoxe chegou a Galicia. 

O temporal de vento e chuvia entrou polo litoral afectando sobre todo á costa da provincia de Pontevedra e tamén á Costa da Morte. Nestas dúas zonas mantívose activado o aviso laranxa ata as seis da tarde por fortes ventos, que en puntos como Camariñas andaron polos 110 km/h. 

A forza do vento tamén se deixou notar maís ao norte en Cedeira ou en puntos altos da Mariña, onde se rexistraron refachos por riba dos 100 km/h. Aínda así, os ventos do sur non están a afectar a todos por igual. Na cidade da Coruña esta tarde intensificáronse as chuvias logo dunha mañá outonal e apacible.

Ata a medianoite está activado o aviso amarelo por chuvias tanto nas zonas costeiras como no interior das provincias da Coruña e Pontevedra por acumulación de ata 40 l/m2 en 12 horas. O aviso amplíase na montaña de Ourense ata as 3 da madrugada. Este martes a situación tende a mellor agás precisamente nas zonas altas ourensás onde a partir do mediodía se agardan fortes precipitacións de novo.

 

Noticias web

19/10/2020