CRTVG

Buscar

O teletraballo triplicouse este ano

Publicado o 18/09/2020 14:35

O Goberno ten previsto aprobar o martes a regulación do teletraballo. Tres millóns de españois traballan na actualidade dende as súas casas de xeito habitual, segundo un informe de Randstad. A cifra triplicouse nun ano.

En Galicia chega a un 13 % do total de ocupados: unhas 145.000 persoas.

A maioría das que teletraballan son mulleres, un 5 % máis que os homes. En moitas ocasións é para conciliar, ou intentalo.

E chega sobre todo á xente nova. Os que máis teletraballan teñen entre 25 e 45 anos.

O martes vaise regular por lei. A empresa deberá poñer os medios para traballar a distancia. E será voluntario e reversible.

Madrid e Cataluña van á cabeza na implantación do teletraballo.

Noticias web

18/09/2020