CRTVG

Buscar

O teléfono é o único contacto das familias cos anciáns do centro de Baños de Molgas

Publicado o 03/04/2020 00:10

O teléfono é o único contacto que Belén ten coa súa avoa. Ten 98 anos e acaba de abandonar o hospital tras dar positivo de COVID-19.

Estrella é un dos 37 maiores de centros xeriátricos que se recuperan do contaxio nesta residencia integrada dos Milagres. Botou a andar hai dez días. Aquí os usuarios reciben uns coidados a medio camiño entre un hospital e un xeriátrico.

Unha estrutura en que os traballadores son o piar máis importante. Ao redor de 80 persoas que ofrecen un coidado asistencial e sanitario integral aos usuarios e que practicamente non teñen contacto co exterior.

Satisfacción polo coidado daqueles que máis precisan de axuda neste momento.




 

Noticias web

03/04/2020