CRTVG

Buscar

O tapón e o recheo do pozo, claves para aclarar o caso de Julen

Publicado o 28/01/2019 18:22

O Xulgado de Instrución número 9 de Málaga é o encargado de dirixir as investigacións sobre a morte do pequeno Julen no pozo de Totalán.

Un día despois do enterro do neno, as pescudas da Garda Civil continúan co obxectivo de determinar as circunstancias exactas que propiciaron a caída de Julen no interior do pozo e delimitar posibles responsabilidades.

A autopsia preliminar revelou que o pequeno morreu o mesmo día que caeu no burato, pero será o informe definitivo dos forenses o que determine se morreu no acto.

Os expertos admiten que unha caída libre desde máis de 70 metros é compatible cos politraumatismos sufridos polo menor.

Os investigadores deberán aclarar tamén como se formou o tapón que impediu chegar ata Julen desde o exterior do pozo.

Nas súas primeiras declaracións, o propietario do terreo e o responsable de perforar o pozo tampouco puideron explicar por que o burato non estaba selado. O poceiro di que o tapou con pedras, pero que posteriormente alguén modificou o terreo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019