CRTVG

Buscar

O Taller Atlántico Contemporáneo fai dez anos

Publicado o 07/08/2020 22:20

Dez anos dándolle unha volta á música clásica. Os mais deles pertencen á Orquestra Sinfónica de Galicia e á Real Filharmonía de Galicia. Queren, conseguírono con éxito, achegar a música culta a todo tipo de público.

E así ata hoxe, desprovistos do traxe de gala e vestidos cun repertorio atractivo e para un público diverso. No día do aniversario, adiado pola pandemia e con restriccións, un repertorio universal.

Precisamente polo amor e a conciencia da necesidade da música non pensan parar de tocar. Comprobámolo no concerto, hai Taller Atlántico Contemporáneo pra longo.

Noticias web

07/08/2020