CRTVG

Buscar

O surf triunfa como actividade extraescolar

Publicado o 26/10/2020 20:33

Non era a actividade extraescolar máis habitual, pero este ano o surf triunfa estre os nenos e nenas galegas. As escolas de surf do sur de Galicia din que nunca tiveran tantos alumnos entre semana en inverno.

A posibilidade de manter distancias e de gozar do espazo aberto da praia animou moitas familias a probar un novo deporte.

Os grupos desta escola están xa completos, e sospeitan que non quedarán vacantes nos próximos meses pola paixón que poñen os pequenos surfistas.

Noticias web

26/10/2020