O sur da provincia de Lugo e a ribeira do Miño ourensán seguen en aviso amarelo por calor
Quecemos, levamos semanas quecendo no interior de Galicia. Onte o termómetro superou os corenta graos e hoxe pasará dos 36.
Custa ir pola rúa, estar na casa, conciliar o sono. E por diante quedan tres días máis de avisos amarelos por altas temperaturas.
E malia que estamos no tempo e esto é o que toca o certo é que non debemos quitarlle importancia os efectos que poden provocar en nós estas altas temperaturas.
Os facultativos insisten en que non se repite dabondo, o sol e a calor poden facer moito dano especialmente os grupos máis vulnerqbles como os cativos e os anciáns.
E nunca deixar a nenos ou as nosas mascotas nun coche pechado e aparcado o sol. cunha temperatura exterior de 39 graos, o interior do coche pode acadar os sesenta en tan só quince minutos.