CRTVG

Buscar

O Supremo suspende, temporalmente, a exhumación de Franco

Publicado o 04/06/2019 22:38

O Tribunal Supremo acordou por unanimidade suspender, polo momento, os plans do Goberno de exhumar a Francisco Franco da basílica do Val dos Caídos o próximo luns.

Segundo informa o Alto Tribunal, o principal argumento da sección cuarta do Contencioso-Administrativo para acceder ás medidas cautelares solicitadas polos netos do ditador é a de "evitar o prexuízo" que doutra maneira se causaría tanto aos recorrentes como "aos intereses públicos encarnados no Estado e nas súas instituciones constitucionais".

Estes, di a sala, "veríanse gravemente afectados se, exhumados eses restos, se estimase o recurso e fose preciso devolvelos ao lugar en que están".

O Goberno, seguro de que o Supremo ao final lle dará a razón

O Goberno asume a decisión do Tribunal Supremo de suspender, polo momento, a exhumación do ditador, pero está convencido de que ao final desestimará o recurso da familia e acabará permitindo o traslado dos restos de Franco.