CRTVG

Buscar

O Supremo revisa o caso da Manada: abuso sexual, violación ou absolución

Publicado o 21/06/2019 11:12

O caso da Manada chega ao Tribunal Supremo. Esta mañá revisa en vista pública os recursos de casación presentados polas partes contra a sentenza que condenou os cinco mozos sevillanos a 9 anos de prisión por abuso sexual. Fiscalía, acusación particular e popular piden que sexan condenados por agresión sexual e se eleven as penas. As defensas piden a absolución.  

A situación legal dos membros da Manada pode cambiar nas próximas horas. O seu futuro depende do que resolvan cinco maxistrados do Supremo.

A sentenza que os condenou a 9 anos de prisión por un delito de abuso sexual ditábase o 26 de abril do ano pasado. O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra confirmaba en novembro a sentenza, inda que dous membros do tribunal defendían que debían ser condenados por agresión sexual.

Tese que contemplan os recursos de casación que presentaron Fiscalía e acusacións. O ministerio público pediu que os feitos sucedidos nos San Fermín de 2016 sexan cualificados como agresión sexual, é dicir, violación, que se dupliquen as penas, ata os 18 anos de prisión, e que o tribunal teña en conta que houbo intimidación grave, que a Audiencia de Navarra non apreciou. Coinciden nesta postura as acusacións, tanto particular exercida pola vítima coma popular.

As defensas reclaman a absolución dos condenados argumentando que houbo consentimento e, baseándose no voto particular do maxistrado Ricardo González, ausencia absoluta de violencia, forza ou coacción.

 

Noticias web

21/06/2019