CRTVG

Buscar

Os cinco membros da Manada ingresan en prisión en Sevilla

Publicado o 21/06/2019 21:05

• O Supremo eleva a 15 anos a condena tras concluír que foi violación 

O Goberno celebra que "hoxe se fixo xustiza"

• A presión social abriu o debate da reforma do Código Penal

Xa ingresaron nun cárcere de Sevilla os cinco membros de La Manada, apenas unhas horas despois de  ser condenados en firme por violación en grupo, e non por abuso. O Tribunal Supremo tomou por unanimidade esta decisión, que eleva as penas de 9 a 15 anos de condena para cada un. 

O Supremo tomou a decisión por unanimidade, e a orde de detención foi inmediata ante o posible risco de fuga. A policía tíñaos vixiados, e sabía que varios deles planeaban saír de Sevilla nas próximas horas.

O Tribunal Supremo considera que o sucedido o 7 de xullo de 2016 en Pamplona durante as festas de San Fermín non foi un abuso sexual, como sentenciaron no seu día a Audiencia de Navarra e o Tribunal Superior desa comunidade.

Os cinco maxistrados, tres deles expertos en violencia de xénero, cren que o grupo coñecido como La Manada, José Ángel Prenda, Alfonso Cabezuelo, Ángel Boza, Antonio Guerrero e Jesús Escudero cometeron unha violación. E aplican dúas agravantes, a trato vexatorio á moza e o feito de que actuaran en grupo. O alto tribunal revoga asi as dúas sentenza anteriores e eleva a pena dos 9 aos 15 anos de prisión. É a primeira vez que un tribunal lle dá a razón á vítima e ás acusacións.

 "Concorre forza intimidatoria suficiente por parte dos cinco acusados, que foi a que lles permitiu realizar os actos sexuais descritos na sentenza". A defensa dos acusados insistiu en que as relacións foron consentidas e pediu a absolución.

 "Non é non, claro que non podemos menos que compartir esta frase, pero para que sexa non hai que dicir que non". Ademais, o tribunal condena a Guerrero a dous anos máis por roubarlle o teléfono móbil á vitima despois da agresión. Tras esta resolución, a sentenza coñecerase nas próximas semanas e será firme.

 

Noticias web

21/06/2019