CRTVG

Buscar

Os xuíces permiten a Puigdemont, Ponsatí e Comín concorrer ás eleccións europeas

Publicado o 06/05/2019 13:41
Os xuíces permiten a Puigdemont, Ponsatí e Comín concorrer ás eleccións europeas

Dous xulgados de Madrid decidiron permitir ao ex-presidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont e aos ex-conselleiros Clara Ponsatí e Antoni Comín presentarse ás eleccións europeas do día 26, ao estimar que non llello impide o feito de que estean en situación de fuxidos da xustiza española.

Así o acordaron os xulgados do Contencioso-Administrativo números 9 e 21 de Madrid en senllos autos en que estiman os recursos de Puigdemont e Ponsatí o primero e de Comín o segundo contra a decisión da Xunta Electoral Central de excluílos da lista de Lliures per Europa (Junts) ás eleccións europeas do 26-M.

 

Noticias web

06/05/2019