CRTVG

Buscar

O Supremo desestima o recurso de Ibrahima contra a sentenza polo asasinato de Tatiana

Publicado o 10/07/2019 19:43

A xustiza volve ratificar a condena a Ibrahima Ndiaye. Audiencia de Lugo sentenciouno hai un ano a 27 anos de cárcere por asasinar e maltratar de xeito habitual a súa ex-moza, Tatiana Vázquez. Ibrahima recorreu ao Supremo. Pero o alto tribunal tampouco lle deu a razón.

Os xuíces consideran sobradamente probado que Ibrahima maltrataba a parella, que a acompañou ao lugar do crime, e que lle asestou 54 coiteladas. Tamén ve claro que o acusado actuou con asañamento, buscando o sufrimento da vítima.

O 9 de abril de 2016, un veciño do barrio de San Fiz atopou o corpo de Tatiana neste lugar. Estaba no seu coche, entre os asentos dianteiros e traseiros. Tiña feridas nas costas, no abdome e nas mans. Ao día seguinte a Policía detivo a Ibrahima, un senegalés de 31 anos, exparella da falecida.

Dende un principio, o caso abordouse como violencia machista. Non había denuncias previas por parte da moza pero si dende o seu círculo cercano.