CRTVG

Buscar

O Supremo decide se acepta a resolución da XEC e suspenden cautelarmente a Torra como deputado

Publicado o 09/01/2020 10:04

Hoxe é un día clave para Torra. Podería coñecer a decisión da sala do Supremo sobre se acepta ou non suspender de xeito cautelar a resolución da Xunta Electoral Central que insta ao seu cesamento como deputado, ao ter unha condena por desobediencia. Esta suspensión estaría vixente mentres se estudan os recursos presentados pola defensa de Torra.

Con todo, na cuestión de fondo está a súa continuidade como President da Generalitat, algo que o texto da Xunta Electoral Central, deixou en mans do Parlament.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020