CRTVG

Buscar

O Supremo avala a Xunta Electoral e rexeita suspender as eleccións na Mariña

Publicado o 12/07/2020 08:45

O Tribunal Supremo desestima a medida cautelarísima solicitada por Galicia en Común contra a decisión da Xunta Electoral Central de manter a votación deste domingo na comarca da Mariña, afectada por un brote de coronavirus.

Conforme a orde do alto tribunal, o exame da cautela solicitada pon de manifesto o seu carácter xenérico e indeterminado e non existe no seu escrito unha verdadeira pretensión cautelar. Xa non caben máis recursos, polo que a xornada electoral do domingo mantense na Mariña como estaba prevista.