CRTVG

Buscar

O sol e o bo tempo bota os galegos ás rúas, paseos e praias

Publicado o 29/12/2019 14:42

Á mañá cedo o mercurio andaba nos 9º e ao mediodía subiu ata os 21, a temperatura máis alta de toda Galicia este domingo. Iso botou os vigueses fóra da casa, cara ás terrazas do centro e paseos como o da praia de Samil.

Este anticiclón deixa atrás a chuvia e o vento dos temporais Elsa e Fabien e tamén o cansazo de ver chover durante case dous meses.

2019 despídese con días claros, vento frouxo do leste e as temperaturas máximas subindo lixeiramente. 2020 comezará tamén con sol pero as as temperaturas oscilarán entre os 8 e os 15 graos no sur de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/12/2019