CRTVG

Buscar

O sol anima a achegarse á praia

Publicado o 10/01/2020 14:05

O día solleiro en Vigo permite ver imaxes de xente na praia. Malia o frío húmido, o sol déixase sentir na pel e o tempo seco agradécese despois dun outono tan chuvioso.

É tempo de baños rápidos, de pasear cos cans ou cos cabalos, de facer deporte, buscar metais ou pasear en xeral.

Malia o descenso das temperaturas polas mañás case seis graos, continuará a influencia anticiclónica durante toda a fin de semana. Só unha pequena borrasca podería afectar o domingo o litoral coruñés.

Noticias web

10/01/2020