CRTVG

Buscar

O sistema ORA de aparcamento volverá a Lugo tras un acordo entre os grupos municipais

Publicado o 30/07/2019 15:58

Catro anos despois da súa desaparición, a cidade de Lugo está preto de volver recuperar o aparcamento regulado pola ORA. Os grupos do Concello chegaron a un acordo para aplicalo nas zonas de máis tráfico da cidade. Iso si, prevese que sexa gratuíto e que os condutores tan só teñan a obriga de mover os vehículos cada certo tempo para axilizar a circulación.

Catro anos levan sen funcionar as máquinas que regulaban o aparcamento do sistema ORA en Lugo. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarara daquela nulo o contrato coa empresa que o aplicaba e dende entón aparcar na cidade é gratuíto e non hai normativa que o regule. Agora unha iniciativa do Partido Popular, que contou co apoio do resto de grupos, pode desbloquear a situación e levar a un novo sistema gratuíto que regule o tempo de estacionamento.

Os grupos do Concello de Lugo confían en alcanzar tamén un acordo para mellorar o funcionamento dos buses urbanos mediante un plan de mobilidade.





 

Noticias web

30/07/2019