O Festival Sinsal reinvéntase en encontros e espectáculos de pequeno formato
Veñen de diversos eidos profesionais pero todos teñen en común a inquedanza por cambiar os nosos modelos de produción e consumo diante dos avisos de esgotamento do planeta.
A economía circular ten moito que ver cun festival que ten no ADN conceptos como aproveitar e reducir. Por iso no novo Sinsal, esta xornada de divulgación é a única actividade que se reservou para o lugar en que antes se fixo un festival para 800 persoas.
Sinsal San Simón naceu en 2011 e foi medrando ata convertirse nun evento de varios días. Para este verán, a organización tiña previsto programar en paralelo ao festival un ciclo de encontros sobre patrimonio. Sinsal Litoral 2020 é, en pequeno formato, unha mestura de ambas as dúas ideas.
Rodrigo Cuevas e as Tanxugueiras abriron Sinsal Litoral no Castelo de Soutomaior e, ata o vindeiro domingo, aínda quedan citas con poetas, mariscadoras, cineastas e músicos na praia de Cesantes, nun estaleiro de Vigo e no Mosteiro de Oia.