CRTVG

Buscar

O Sergas realizará un cribado á poboación de entre 15 e 50 anos en Arteixo

Publicado o 23/01/2021 15:19

Canda Xinzo, Arteixo é outro dos municipios galegos en situación de risco extremo. Nos próximos días o Sergas vai realizar alí un cribado entre a poboación de entre 15 e 50 anos.
Precisamente esta mañá os sanitarios do centro de especialidade do Ventorrillo, na Coruña, realizáronlles probas PCR aos alumnos e ao persoal docente do instituto arteixán Manuel Murguía. Non é o único centro educativo da localidade con positivos por coronavirus, pero si o que suma máis casos, un total de 21.
 

Noticias web

23/01/2021